Informática e Comunicacións

informatica-e-comunicacionSe a túa paixón é instalar, configurar e manter sistemas Informáticos e redes interesarache o CM Sistemas Microinformáticos e Redes , CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Para aprender a desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas apúntate no CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma , CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.

 

Novas

Portada das Galicia Skills 2018 Galicia Skills 2018 - Os pasados días 28 e 29 de novembro, celebráronse en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, as GaliciaSkills 2018.Este é un campionato eminentemente práctico que consiste no desenvolvemento de 26 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que…

Comercio e Márketing

comercio-e-marketingSe queres aprender a obter ou elaborar información e xestionar os plans de actuación no o ámbito da compras, vendas, márketing e loxística e investigación comercial apúntate ao CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Co CS Márketing e Publicidade estudarás como definir e efectuar o seguimento das políticas de márketing baseadas en estudos comerciais e promocionar e publicitar os produtos e/ou servizos nos medios e nos soportes de comunicación axeitados, elaborando os materiais publi promocionais necesarios. Para aprender a executar os plans establecidos para a comercialización de produtos ou servizos no ámbito do almacenamento, distribución, vendas, atención ao público ven ao CM Actividades Comerciais.

 

Novas

CURSO DE MARKETING E PUBLICIDADE DASE A COÑECER EN INSTAGRAM - Siguenos en  https://www.instagram.com/rup_comercializate/ Entérate das nosas  publicacións , xa que quizás podes aparecer !!! 🙂

Edificación e Obra Civil

edificacion-e-obra-civilPara obter unha formación que che permita elaborar documentación técnica de proxectos de edificación, realizar trazas de obra e xestionar o control documental para a súa execución e traballar como delineante, proxectista ou maquetista CS Proxectos de Edificación

 

Novas

Visita do alumnado do CS de Proxectos de Edificación ao Centro Niemeyer de Avilés e ao Centro Botín de Santander - O alumnado do CSPE (Proxectos de Edificación) realizou entre os días 15 e 16 de novembro unha visita a Santander  onde tivo a oportunidade de coñecer o Centro Botín, obra do arquitecto e premio Pritzker,  Renzo Piano. A visita comezou…

Actividades Físicas e Deportivas

actividades-fisicas-e-deportivasSe queres adicarte a planificar, dinamizar e avaliar xogos, actividades físicas, deportivas e de acondicionamento físico infórmate sobre o CS Ensinanza e animación sociodeportiva (anterior CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas).

 

Novas

MAGOSTO 2018 - O 9 de novembro celebrouse un ano máis O Magosto organizado polos alumnos de primeiro curso do Ciclo de Actividades Físicas e Deportivas. Como en anos anteriores desenvolvéronse un conxunto de divertidas actividades nas que participaron alumnos e alumnas de…

Administración e Xestión

administracion-e-xestionSe queres aprender todo o relacionado con actividades administrativas no ámbito laboral, contable, comercial, financieiro e fiscal, e a atender a clientes ou usuarios atoparas o teu sitio no CM Xestión Administrativa ou o CS Administración e Finanzas. Se prefires xestionar, elaborar e transmitir infomación procedente dos órganos executivos e de xestión, ou con destino a eles recomendámosche o CS Asistencia á Dirección.

 

Novas

Circuitos @ domus - Os alumnos de 1º de FP básica participaron onte 1 de xuño nun taller de circuitos na Casa do Home na Coruña acompañados polos profesores Daniel Alvariño e Carolina Fernández. A continuación fixeron unha rápida visita a Gastón no Aquario…

Hostalaría e Turismo

hostalaria-e-turismoSe estás interesado en planificar e promocionar destinos turísticos, informar, guiar e asistir viaxeiros en distintos destinos turísticos matricúlate no CS Guía, Información e Asistencia Turísticas.

 

Novas

Turismo Mariñeiro - O ciclo de Guía, Información e Asistencia Turisticas realizou o pasado 7 de novembro unha actividade de “Turismo Mariñeiro”. Visitaron no Museo do Mar en San Cibrao e unha Carpintería de Ribeira. É unha actividade relacionada co proxecto turístico “Mares…