Os días 2 e 4 de febreiro tivo lugar a 4ª xornada do obradoiro de creación audiovisual enmarcado dentro do contrato programa CPinclúe no que está a participar o noso centro. A este obradoiro asisten os grupos de 2º de DAW en horario de tarde e 2º de SMIR en horario de mañá.
Nesta sesión formouse aos estudantes na planificación e o deseño da estrutura que debe seguir un contido dixital audiovisual, centránodose en aspectos como como presentar a información de xeito claro, como atraer á audiencia e facela partícipe da narración. Organizáronse os grupos de traballo para a elaboración das curtametraxes en ambos grupos e os proxectos que van crear xa van comezando a coller forma.
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/DSC_0042-300x200.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/DSC_0044-300x200.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2022/02/IMG-20220205-WA0001-300x169.jpg)