Historia

 

Inicios. Escola de artes e oficios (1881-1930)

A inauguración oficial da Escola tivo lugar o 9 de decembro de 1881, na Casa Consistorial, estando presentes o Alcalde,Don José Losada Segurota, e as máximas autoridades da cidade. Ferrol foi a primeira cidade galega que conseguiu pór en marcha unha Escola de Arte e Oficios. Logo seguiron nesa andaina Santiago (1886), Vigo (no mesmo ano), Lugo, A Coruña, etc.

O emprazamento final da Escola de Artes e Oficios sitúase na rúa Madalena no edificio número 177 (hoxe en día o 219), veciño ós xardíns de Herrera, entre os anos 1881 e 1942.

Na primeira imaxen pódese ver o debuxo da fachada do edificio e na segunda imaxen o estado actual do inmoble no que estivo a escola.

O regulamento orgánico inicial definiu a Escola como un establecemento libre de ensino non oficial e gratuíto, que tiña por obxecto fomentar a cultura e a instrucción dos obreiros para o desempeño das súas profesións. A Escola non era un recinto illado, senón que se relacionaba coa sociedade e co seu entorno. Pódese dicir que unha grande parte da mocidade ferrolá de entón pasou polas aulas da Escola, algúns tan só uns meses e outros vinculándose a ela como fonte de información permanente durante moitos anos da súa vida. Dende que en 1886 se crean e se regulan as Escolas de Artes e Oficios dependentes do Estado, moitos dos esforzos da Directiva e do profesorado encamíñanse a converter a Escola de Artes e Oficios de Ferrol en centro oficial, para lograr un pleno recoñecemento dos seus dereitos e certificacións que modifican o Regulamento para afacelo ó Plan de Estudos segundo á lexislación vixente naqueles anos.

Escola elemental de traballo (1939-1956)

Ante a crise do ano 1924 pola que pasaba a escola, causada por unhas instalacións deterioradas e pola falla de profesorado, aparece a idea da transformación da escola. Escola Elemental de Traballo. Debuxo realizado por Rodolfo Ucha Piñeiro en 1896, sendo alumno da escola. Posteriormente será o arquitecto que proxecte e dirixa as obras do novo edificio. O proceso de cambio foi lento porque a aprobación oficial ou a obtención de axudas era difícil, pero finalmente en 1939 nace a Escola Elemental de Traballo, con carácter oficial e subvencionada polo Estado na súa totalidade. As obras de construcción da Escola Elemental de Traballo realízanse nun terreo edificábel da rúa Real que cede ó Concello. O encargado do proxecto sería o antigo alumno Rodolfo Ucha Piñeiro. Edificio proxectado por Rodolfo Ucha Piñeiro entre 1930 e 1942. No 1942 inaugúrase o novo edificio como Escola Elemental de Traballo, na que se manteñen a sección de Artes e Oficios, herdada da antiga Escola e que supón, lamentablemente, a súa desaparición. Da longa nómina de alumnos que pasaron pola Escola, nunha ou noutra etapa, cabe destacar a Bello Piñeiro, Imeldo Corral, González Collado, Segura Torrela, Gonzalo Torrente Ballester, Francisco Franco, José Piñeiro, Ramón Franco, etc. Ó longo dos anos o Centro pasou a transformarse na Escola de Mestría Industrial e posteriormente no Instituto de Formación Profesional, pero este último xa noutra localización dentro de Ferrol

I.E.S. Rodolfo Ucha Piñeiro

En honra a Rodolfo Ucha Piñeiro, antigo alumno da Escola de Artes e Oficios e arquitecto do edificio da rúa Real (hoxe derrubado e no solar A Escola de Idiomas) bautízase co seu nome o noso actual instituto.

Atópase no barrio de Caranza e como sucesor da antiga Escola de Artes e Oficios segue ofertando ós seus alumnos unha ampla gama de posibilidades educativas.

C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro

No curso académico 2007-2008 o centro pasa a denominarse CENTRO INTEGRADO DE FORMACION PROFESINAL RODOLFO UCHA PIÑEIRO. Os centros deste tipo imparten ofertas formativas referidas ao Catalago Nacional de Cualificacións Profesionais que conduzan á posibilidade de obter títulos de FP e Certificados de Profesionalidade. Estas cualificacións profesional organízanse en catro niveis:

  1. Formación profesional inicial: correspóndense con programas de iniciación profesional.
  2. Títulos de técnico: correspóndense con ciclos formativos medios.
  3. Títulos de técnico superior: correspóndense con ciclos formativos superiores.
  4. Formación de carácter universitario.

Estrutúranse en unidades de competencia que definimos como as competencias profesionais que constitúen a unidade mínima de recoñecemento e acreditación.

Cada unidade de competencia esta constituída por unha serie de realizacións profesional (RP) e uns criterios de realización (CR). As unidades de compentencia son implantadas mediante Módulos Profesionais dentro de cada ciclo. O ensino que se imparte será a post-obrigatorio (bacharelato, sempre que o alumnado sexa inferior a 1/3 do alumnado total; fp regulada e fp para o emprego). Actualmente dentro do fp para o emprego impartiuse un curso do plan FIP (Formacion e Insercion Profesinal) denominado ‘EMIN 23 Informática de usuario’. Os centros integrados son centros propios da Consellería de Traballo e o alumnado serán demandantes de emprego do Servizo de Formacion e Colocacion das delegacións provinciais da Consellería de Traballo. Nun futuro ofertaranse cursos específicos para empresas dentro do FP para o emprego. Estes cursos deben de estar dentro do Catalago Nacional de Cualificacións Profesionais.

Entre os principais labores dos CIFP están:

  • O recoñecemento e acreditación da competencia profesional á poboación traballadora conseguidas a través da experiencia acumulada ao longo da vida laboral así como en posibilitar a esta poboación a obtención de títulos de FP cando se superen todos os módulos dun ciclo formativo e ademais cúmpranse os requesitos académicos de acceso.
  • A prestación dos servizos de INFORMACION E ORIENTACION PROFESIONAL ás persoas para que tomen as decisións mais adecuadas respecto das súas necesidades de FP en relación coa contorna produtiva no que desenvolve.
  • A evaluación e mellora da calidade de todo o sistema.

A nivel académico, cabe sinalar que todos os ciclos de adultos pasan a ser modulares, quero esto decir que a matrícula pódese facer por módulos individuais, e o horario pasa a ser de 17:50 a 22:10 da noite.

Fotos e información extraída dos libros:

  • Ferrol a través dos seus personaxes. Raúl Rico Pena, Luis Puig Mosquera e Jorge Mejute Couce. Ed. Concello de Ferrol.
  • Historia de la Escuela de Artes y Oficios de Ferrol (1881-1930). Esperanza Piñeiro de San Miguel e Andrés Gómez Blanco. (1994) Ferrol.

 


 

Organización

 

Equipo directivo

López Uceira, Fernando (Director)

Pereira Martínez, Alfonso José (Vicedirector)

Aulet Barros, Francisco J. (Xefe de estudos)

Robles Freire, Eva María (Secretaria)

 

Departamento de Actividades Físicas e Deportivas

Díaz Porto, Dulce María

Fernández Calvo, Teresa

Lamela Louzán, Marco Antonio (Xefe do Departamento)

Pardo Vázquez, Manuel

 

Departamento de Administración e Xestión

Ares Ares, María Ángeles

Armesto Fernández, María José

Barreiro Rodríguez, María del Carmen

Fernández López, Jorge

Fraga Amigo, María Jesús

Freire Fachal, Purificación

Lage Fernández, J. M. Julio (Coordinador de Emprendemento)

López Calviño, Ana Berta

Martínez Vilar, María Sacramento (Xefa do Departamento)

Méndez Blanco, Teresa

Prado Álvarez, María Soledad

Seoane Taibo, Josefa María

Soto Filgueiras, Eva

Valcarce Fernández, María Mercedes

Villar Martínez, María Julia

 

Departamento de Comercio e Márketing

Chao Onega, Belén

Cortizo Rodriguez, María Montserrat

Freire Vera, María Rosario (Xefa do Departamento de Comercio e Márketing – Xefa do Departamento de Calidade e Innovación)

Painceira Germade, María Pilar

Pontón Rodriguez, Alicia

Sánchez García, Roberto

Departamento de Dinamización de Idiomas

Filgueira Zapata, María Luisa

Muíño Filgueira, María José

Pita Alonso, Manuel (Xefe do Departamento)

Rubio Bajo, Miguel Ángel (Coordinador de Programas internacionais)

 

Departamento de Información e Orientación Profesional

Veiga Torre, Berta María (Xefa do Departamento)

Departamento de Edificación e Obra Civil

Amado Castro, Roberto José (Xefe do Departamento)

Aulet Barros, Francisco J. (Xefe de estudos)

Faraldo Purriños, María Digna (Xefa do Departamento de Acreditación e probas)

García Rodríguez, Carolina (Coordinadora do Equipo de Dinamización da lingua galega)

Prieto Palmeiro, María del Carmen (Coordinadora de Innovación e formación do profesorado)

 

Departamento de Formación e Orientación Laboral

Álvarez Diñeiro, Rogelia (Xefa do Departamento)

Díaz Gorgozo, Alma

Díaz Rodríguez, Emilio

Sánchez Meizoso, Lois Ismael

Departamento de Hostalaría e Turismo

Abeledo Santos, Raquel

Aneiros Corral, Elena (Xefa do Departamento)

Estévez Rodríguez, Antonio Alberto

 

Departamento de Informática e Comunicacións

Allegue Freire, Sandra

Alvariño Pérez, Daniel Ramón

Aneiros Cabana, Raúl (Coordinador da Biblioteca)

Baldonedo del Río, María Belén

Castro Milia, Juan Francisco (Xefe do departamento)

Del Rio Rodriguez, Andrés

Diez Rodríguez, Germán Miguel

Dobarro Vizoso, Luisa Fernanda

Fernández Bravo, Carolina

Fernández González, Ángel Daniel (Coordinador TIC)

García Trinidad, Óscar

García Ulla, Constantino José (Xefe do Departamento de Relación con Empresas)

González Conde, María Felisa

Grueiro Cercido, Patricia

López Uceira, Fernando (Director)

Lorenzo Arribi, José Antonio

Pereira Martínez, Alfonso José (Vicedirector)

Pérez Armental, María

Pérez Listón, Joaquín

Riveiro Pensado, Modesto

Robles Freire, Eva María (Secretaria)

Romero Restrebada, Roberto

Touceda Snatorio, Daniel

Vega Vázquez, Marina

Veiga Lozano, María Josefa