O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación entregou os seus proxectos de edificación non residencial. Neste curso o traballo proposto centrouse na mellora das instalacións do noso centro.
Así, os proxectos realizados consistiron na elaboración dunha Cuberta para a pista polideportiva con implantación de área recreativa e na Reforma e acondicionamento acústico da cafetería.

Nas seguintes imaxes podemos ver algúns dos traballos entregados.

