Estamos emocionados de anunciar a reforma dunha aula no noso instituto que pronto se converterá no “Espazo de Investigación e Innovación en Edificación” do CIFP Rodolfo Ucha.
Actualmente estamos a abrir o espazo existente para facelo máis amplo e acolledor. Renovaremos por completo o mobiliario, a iluminación e a decoración para ofrecer unha contorna moderna e funcional.

Pero isto é só o comezo. Ao longo dos próximos meses, iremos desvelando máis novidades e equiparemos a aula coa última tecnoloxía en edificación. O noso obxectivo é crear un lugar onde o alumnado do “Ciclo Superior Proxectos de Edificación” poidan explorar, investigar e innovar neste campo tan importante.

Vémonos en setembro para inaugurar xuntos este novo espazo que promete ser un punto de referencia na formación e o desenvolvemento de habilidades en edificación. Non o perdas!