Está publicada a nova oferta de accións formativas do Plan Formativo para o emprego (cursos AFD) para o ano 2024 no marco de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Estas accións formativas están dirixidas á adquisición e mellora de competencias profesionais de persoas traballadoras co fin de capacitalas para o desenvolvemento cualificado dunha profesión e que lles permita mellorar a súa empregabilidade.

No caso deste centro ofértanse dúas destas accións formativas, ambas de nivel 2:

Está previsto realizar a proba de selección para estas dúas accións formativas antes do período de Semana Santa e a impartición das mesmas está previsto inicialo a comezos do mes de abril de 2024.

As persoas destinatarias e os requisitos de acceso pódense consultar premendo aquí.

Aproveita a oportunidade de adquirir unha formación que che permita mellorar a empregabilidade!

Para máis información sobre as 2 accións formativas anteriores contacta co centro.

No enlace seguinte podes atopar información sobre a oferta completa de cursos AFD en Galicia ofertados por centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades:

http://www.edu.xunta.gal/fp/afd