Esta semana temos diferentes propostas para todos os que vos gusta escribir e pintar, velaquí están!
IX Certame de Relatos Breves Feiraco: Se che encanta escribir, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e Feiraco convocan este concurso para que enviedes os vosos microrrelatos que comecen pola frase: “Á sombra daquel carballo centenario…”. Consulta as bases e participa ata o 31 de maio de 2020.
Visións 2020: un concurso de relatos convocado pola Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror (AEFCFT). Neste caso, o relato estará en español, dentro do xénero fantasía, ciencia ficción e terror. Consulta as bases e envía o teu relato antes do día 15 de xuño de 2020. Tamén podes consultar os traballos de anos anteriores.
XXIII Certame Frida Kahlo de Pintura e Relato Curto: convocado polo Concello de Rivas Vaciamadrid en dúas categorías. O Certame de Pintura admite traballos ata o 10 de xullo de 2020 e o Certame de Relato curto ata o 17 de xuño de 2020. Consulta as bases e anímate a participar, os premios son en metálico. Podes ver os traballos de edicións anteriores.