Presentamos unha nova convocatoria de premios e concursos:
X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero: organizado polo IES San Clemente para que o alumnado dos centros educativos que presenten os seus marcadores coa temática relacionada con este autor ou a súa obra. Consulta as bases para participar e gañar os premios en metálico ata o 6 de maio de 2020 ás 23:59 horas.
Comparte a túa arte: convocado por Kaebnai para celebrar o Día de Europa. Para participar, só tedes que enviar as vosas postais relacionadas con Europa ata o 6 de maio de 2020. Podes atopar máis información na páxina de Kaebnai.
II Certame de Haikus Visuais: convocado polo Laboral Centro de Arte e Creación Industrial para calquera persoa interesada. Para concursar envía un vídeo co haiku de temática relacionada co confinamento ata o 15 de maio de 2020. Consulta os requisitos para participar e tamén os premios que podes gañar.
X edición “Inspiraciencia”: o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca este certame de relatos sobre a ciencia, en lingua castelá, galega, catalá ou eúscara. Consulta as categorías de participación, os premios e as bases para enviar os traballos ata o 7 de xuño de 2020.
I Concurso de ilustración “Camiñante”: convocado pola Revista Camiñante para todas as persoas maiores de 18 anos que presenten, antes do 25 de xuño de 2020, obras orixinais e inéditas de temática libre e a cor. Consulta as bases de participación e os premios.
Nortear, Novos Escritores Norte de Portugal – Galicia: é un premio que xorde da iniciativa da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal. Se tes entre 16 e 36 anos, participa e presenta un relato curto en lingua galega ou portuguesa ata o 30 de xuño de 2020. Consulta as bases e o Instagram sobre a entrega de obras.