Esta semana informamos dos seguintes concursos:
Vídeos do concurso #30diasencasa do Injuve: Xa podedes ver os vídeos seleccionados e os gañadores do concurso #30diasencasa na web do Injuve.
Vai de letras: Concurso de relatos curtos sobre os produtos do mar que ten por obxectivo incrementar o coñecemento sobre os recursos mariños galegos. Pode participar a xuventude entre 18 e 35 anos que sexan residentes en Galicia cos seus relatos curtos de non máis de 150 palabras a partir da frase de inicio “Queremos a vida como queremos o peixe, sen espiñas, pero…”. Prazo de participación ata as 11:59 horas do 28 de maio do 2020.
Novo selo de calidade europeo para a información xuvenil: Envía o teu deseño dun selo que se empregará nas oficinas de información xuvenil de toda Europa co selo de calidade. Participa ata o 15 de xullo de 2020, podes gañar unha cámara GoPro ou un reloxo intelixente.
IX Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro: Concurso do Concello de Mondoñedo e co patrocinio da área de cultura da Deputación Provincial de Lugo. Para participar, presenta un poema orixinal e inédito en galego, cunha extensión máxima de 150 versos de temática libre. Consulta as bases, os premios e participa ata o 15 de setembro de 2020.
Concurso de emprendemento cidadán xuvenil: A Fundación Goi Peace, Stiftung Entrepreneurship e Dixital expertos unidos lanzaron a Competencia de Emprendemento Xuvenil para a xuventude que pretende crear un cambio nas súas comunidades. Hai dúas categorías por idade e todas deben presentar unha idea innovadora en inglés, conforme as bases da convocatoria. Consulta as bases e presenta a túa idea ata o 30 de setembro do 2020.
VIII Concurso Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira: Concurso do Concello de Ribeira para presentar unha obra en lingua galega, de temática libre, orixinal e inédita. Consulta as bases na web do concello e a información no BOP da Coruña. Podes particiapar ata o 23 de maio de 2021.