Esta semana presentamos a seguinte información sobre axudas que pode ser do voso interese:
Axudas para persoas emprendedoras: O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) convoca axudas para novas persoas emprendedoras dentro do programa Galicia emprende.
Poderán subvencionarse proxectos de creación ou ampliación de PEMES ou cun centro de traballo en Galicia e aqueles de reemprendemento. En ambos casos, se cumpren as condicións da convocatoria que podedes consultar na ligazón ou no DOG correspondente.
As solicitudes presentaranse no formulario IG406F por sede electrónica e con prazo ata o 22 de febreiro de 2021.
Axudas contra a violencia de xénero: A Secretaría Xeral de Igualdade convoca estas axudas para as vítimas de violencia de xénero.
Consulta a bases da convocatoria ou o DOG. O prazo de presentación de solicitudes de protección integral estará aberto ata o 30 de novembro de 2021 na sede electrónica co formulario SI434B.
Tamén hai axudas de prestacións periódicas para as vítimas cuxo prazo estará aberto todo o ano en sede electrónica co procedemento SI434A.
Axudas a vítimas da violencia de xénero: A Secretaría Xeral de Igualdade convoca dous tipos de axudas para aqueles feitos acontecidos despois do 1 de xullo de 2018.
Os tipos de axudas son unha para fillos e fillas menores de 30 anos e dependentes dos proxenitores agresores e outra para as mulleres que resultasen feridas por unha agresión de violencia de xénero.
As solicitudes presentaranse por medios electrónicos no procedemento SI460A ata o 30 de novembro de 2021. Podes consultar máis información aquí ou no DOG.
Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida e por COVID-19: Convocadas pola Consellería de Educación para o alumnado que curse estudos universitarios neste curso académico.
Consulta as bases da convocatoria e os prazos de presentación de solicitudes que deberá facerse por sede electrónica no procedemento ED433A.