Novas sobre emprendemento e lecer seguro son as principais desta semana. Engadimos tamén algún vídeo á entrada.
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ven de poñer en marcha opcións seguras de lecer e ocio educativo para a mocidade durante os meses de maio e xuño ás que vos podedes apuntar dende XA!. Ofértase en tres formatos diferentes:
- Programa de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
- Encontros de desenvolvemento e aprendizaxe xuvenil nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo. Formación, charlas inspiradoras e networking.
- Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia.
Seguimos con novas de emprendemento:
- Erasmus para Mocidade Emprendedora é un programa de estancias transnacionais con empresarios experimentados durante as cales os novos emprendedores poderán adquirir as habilidades necesarias para dirixir unha pequena ou mediana empresa. Neste enlace tendes un resumo do programa.
- #BeChangeMaker 2021 é un concurso que busca impulsar ideas de negocios. Para participar, deberase contar cunha idea de negocio social, vencellada ao cumprimento dalgún dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas. Deixámosvos aquí un resumo un pouco máis amplo.
Xosé Antonio Touriñán, María Mera, David Perdomo, Eva Iglesias e o dúo Verto lembran á mocidade que non deben xogar ca vida neste vídeo:
Dentro dos Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, atopámonos a uns Rosalía de Castro e Eduardo Pondal moi actualizados cos que sentirnos identificados e aprender sobre a cultura galega botando unhas risas: