Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior. A Consellería de Educación convoca estes premios para o alumnado que realizou estudos de FP de grao superior nos centros docentes galegos. Os requisitos son:
- Ter cursado FP de grao superior durante o curso 2019/2020 e rematar os estudos no 2020.
- Ter obtido unha cualificación final no ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
Poden concederse 23 premios, un por cada familia profesional, sen superar os 850 € por premio.
As solicitudes poden presentarse polo procedemento ED311B en sede electrónica ata o 12 de maio de 2021. Consulta máis información no DOG.
Eduemprende Idea 2021. A Consellería de Educación convoca o concurso Eduemprende Idea 2021 para os estudantes de ensinanzas de FP, deportivas ou artes plásticas e deseño de Galicia. Como requisitos pídese:
- Estar matriculado no curso 2020/2021 nunha destas ensinanzas en Galicia.
- Participación en grupo, cun mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
Haberá tres premios para os mellores proxectos en cada modalidade: A (ciclos superiores) e B (ciclos medios).
As solicitudes poden presentarse polo procedemento ED523A en sede electrónica ata o 18 de maio de 2021. Consulta máis información no DOG.
Premio Mocidade Mashumano. A Fundación Mashumano, en colaboración co Injuve, convoca este premio para a mocidade entre 14 a 30 anos que acheguen solucións aos retos da convocatoria, a través de proxectos e ideas viables e sostibles.
O Premio consta de catro fases e a última será a presentación dos proxectos no evento final. Os premios concederanse a gañador en cada categoría: Premio Bankinter, Premio O Corte Inglés e Premio Fundación Mashumano, e mais aos proxectos finalistas.
Os proxectos presentaranse empregando o formulario na web de Premio Mashumano. O prazo remata o 7 de xuño de 2021, ás 24:00 horas.
Podes consultar máis información na súa web ou a través de info@mashumano.org.