Esta semana informamos das seguintes novas:
Axudas á mocidade para a compra de vivenda: convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en dúas modalidades e para aquelas persoas de entre 18 a 35 anos que cumpran os requisitos da convocatoria.
Se queres concorrer a esta axuda, presenta a solicitude por medios electrónicos co procedemento VI435A ou VI400A, ata o 1 de setembro de 2021. Máis información no DOG e no portal do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Cursos preparatorios para o CELGA 1, 2, 3 e 4. Estes cursos son convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística de xeito gratuito. Infórmate do horario e datas dos cursos.
Para participar, debes presentar por medios electrónicos a túa solicitude co código PL600A ata o 24 de febreiro de 2021. Máis información no DOG e no portal da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Visitas virtuais aos museos científicos da Coruña: A pesar de que os museos están pechados, o público poderá visitalos de forma virtual durante 30 minutos e de xeito gratuito, a través da plataforma Meet.
Se desexas participar nalgunha destas visitas virtuais debes realizar unha reserva no formulario que abre cada semana de luns ás 10 horas ata o xoves ás 20 horas. Infórmate na súa páxina web.
Conferencia do hacker Bernardo Viqueira sobre ciberseguridade e os perigos das redes sociais. Organizada por Afundación para o público en xeral, coa fin de achegar e dar a coñecer as ferramentas dixitais en condicións de seguridade. O 25 de febreiro de 2021 ás 19 horas difundirase en directo a conferencia en Afundación TV.
Bernardo dará de mércores a venres do mes de febreiro diferentes charlas sobre esta temática e os contidos difundiranse a través das RRSS da Obra Social de ABANCA.
A Rede de observadores do medio mariño galego (REDOGAL) busca observadores do medio mariño galego, para manter o seguimento e vixilancia da vida mariña en Galicia.
Se queres formar parte da rede de observadores, infórmate na súa páxina web e colabora con eles.
A Asociación Xuvenil Equipo Europa busca socios ou socias de entre 14 e 30 anos para compartir os valores da UE e formar parte das súas actividades.
Se estás interesado en participar, podes informarte na súa páxina web ou incribirte como socio na seguinte ligazón.