Esta semana presentamos novas propostas para o confinamento, así coma novos concursos e premios.
Carriandola, de Eloysius e Simón Blanco é unha historia que narra as aventuras de Mariña nun mundo alternativo con toques apocalípticos. Liberada en pdf por Aira Editorial.
Historietas para el confinamiento é unha publicación do guionista David Braña que compilou diferentes historias curtas neste documento.
Visita virtual a Santiago de Compostela a través das audioguías de Turismo de Santiago. Unha proposta con diferentes rutas polos principais puntos de interese turístico e dispoñibles en sete idiomas.
Premios Youtubeir@s 2020: teñen por fin animar a crear vídeos con temáticas e formatos diversos, en lingua galega. Consulta as bases e os diferentes premios que podes gañar en cada categoría. O prazo para inscribir os vídeos e canles é do 27 de maio ao 23 de outubro de 2020 ás 23:59 h.
EYE Online, contacta coa mocidade europea: este evento posponse pola crise do COVID-19, mais o Parlamento Europeo presenta unha edición especial en liña para coñecerse virtualmente. Consulta máis información na súa páxina web.
Por último, para a cativada da casa temos: Aventuras no monte das artes e Ciencia para todos (tamén ten Instagram e Facebook).