Esta semana queremos compartir con vós as seguintes novidades:
Coñecendo as nosas deportistas: un proxecto da Secretaría Xeral de Igualdade para coñecer a vida e opinións de mulleres de diferentes modalidades deportivas.
Mostra diferentes actividades, entrevistas en pequeno formato e vídeos coa participación destas mulleres deportistas. Pódense ver a través da canle de Youtube de Igualdade.
Ten por fin difundir e visualizar o papel das deportistas galegas entre a sociedade, en especial para a xuventude de Galicia para promocionar a igualdade entre homes e mulleres.
A Asociación cultural Olloboi volve a pór á vosa disposición diferentes recursos educativos en galego sobre o proceso cinematográfico:
- Montaxe dunha curta: para aprender a editar con diferentes programas de ordenador ou aplicacións móbiles.
- Charlas e actividades Aprendendo con Olloboi: para aprender sobre cine con cineastas e películas galegas.
Tamén poden servos útiles Educlip, a páxina de realizadores de Galicia CREA ou a do Novo Cinema Galego.
O Centro Reina Sofía sobre a Adolescencia e Xuventude publica “De puertas adentro y de pantallas afura. Jóvenes en confinamiento”.
Este proxecto ten por obxectivo analizar os cambios que provocou a crise da COVID-19 e o confinamento entre a xuventude, tanto na súa actitude coma na súa forma de vida.