Está publicada a nova oferta de accións formativas do Plan Formativo para o emprego (cursos AFD) para o ano 2025 no marco de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración.

Estas accións formativas están dirixidas á adquisición e mellora de competencias profesionais de persoas traballadoras co fin de capacitalas para o desenvolvemento cualificado dunha profesión e que lles permita mellorar a súa empregabilidade.

No caso deste centro ofértanse dúas destas accións formativas (preme en cada unha delas para obter información sobre contidos, a competencia xeral, etc.):

Está previsto realizar a proba de selección para estas dúas accións formativas nas datas seguintes:

Acción formativa AFDData de realización da proba de selecciónLugar de realización
COMV0108 – Actividades de venda27 de marzo, ás 17:00 horasCIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
EOCO0108 – Representacións de proxectos de edificación2 de abril, ás 16:30 horasCIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

As persoas destinatarias e os requisitos de acceso pódense consultar premendo aquí.

Aproveita a oportunidade de adquirir unha formación que che permita mellorar a empregabilidade!

Para máis información sobre as 2 accións formativas anteriores contacta co centro.

Accesibilidade