O alumnado de segundo curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación emprega nos seus proxectos a metodoloxía BIM (Building Information Modeling) a través do manexo do programa Autodesk Revit.
Este software permite automatizar a documentación gráfica dun proxecto baseándose no deseño 3D con obxectos paramétricos.
A tecnoloxía BIM vai moito máis alá e permite a interconexión con aplicacións de cálculo estrutural, enerxético, de instalacións ou de orzamentos, sendo Revit un dos programas máis demandados na actualidade.

Nas imaxes adxuntas pode verse o resultado do modelado dunha vivenda unifamiliar por parte do noso alumnado dentro do módulo “Proxecto integrado”.

 

Prema sobre a seguinte imaxe para ver a galería: