Durante o mes de maio un profesor do Departamento de Comercio -Manuel Torrente- e unha profesora do Departamento de Administración -Mercedes Valcarce- realizaron unha mobilidade en Malta e en Portugal respectivamente.
Manuel Torrente estivo na semana do 9 ao 13 de maio visitando numerosas empresas en Mosta e en A Valetta. Empresas como Dizz Group, JB Stores, Leisure Stores, Square Deal Sliema…. empresas do sector da moda, dos xoguetes, grandes almacenes…. Trátabase de coñecer novas formas de traballar no mundo da xestión comercial, o marketing e sobre todo ter referencias para preparar ao noso alumnado que nun futuro poda estar interesado en realizar a súa FCT nalgunha destas empresas por medio dunha mobilidade ERASMUS +
Pola súa banda, Mercedes Valcarce, dentro do Proxecto ERASMUS + xestionado pola Consellería de Educación visitou a empresa Buildbizz en Oporto para observar todo o referente á xestión administrativa, prevención de riscos laborais, etc..tamén aproveitou para coñecer como traballan nas empresas OFFPADEL e Praia da Costa Nova. Esta profesora estableceu contactos con empresas interesantes para que o alumnado do noso centro e de distintos ciclos poda facer a FCT nelas.