Dende hoxe martes 10 de maio ás 9:00 horas deica o venres 19 de maio ás 13:00 horas fica aberto o prazo de matrícula do alumnado admitido a probas libres, na oficina do centro no que se teña praza adxudicada.
Se tedes adxudicado algún módulo do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro lembrade que o noso horario de oficina é de 9:00 horas a 14:00 horas de luns a venres e os xoves tamén de 17:00 horas a 20:30 horas, para poderdes realizar o trámite.
E para axilizar o proceso non esquezades que debedes:
- Cubrir o impreso que tedes nesta ligazón
- Pagar, só se sodes menores de 28 anos, o seguro escolar (1,12€) no seguinte número de conta do centro: ES39 2080 0234 4130 4000 3005
- Traer fotocopia do DNI