O alumnado de primeiro curso do Ciclo Superior de Proxectos de edificación dedicou os últimos días do trimestre a elaborar a maqueta dunha vivenda unifamiliar. Este tarefa foi unha parte fundamental da súa formación, permitíndolles aplicar coñecementos adquiridos ao longo do curso nun exercicio práctico e creativo.




Queremos felicitar aos alumnos e alumnas pola súa dedicación e esforzo, así como ao profesor da materia Representacións de Construción (Miguel A. González) polo seu excelente labor na coordinación e supervisión deste proxecto.

Para compartir o resultado deste traballo organizouse unha mostra destas maquetas no vestíbulo do noso centro que estará aberta ao público ata o 31 de xullo.
Convidamos a todos a visitar esta exposición!
