No CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro estamos comprometidos con ofrecer ao noso alumnado as ferramentas máis innovadoras. Para iso recentemente o profesorado de Edificación e Obra Civil recibiu formación no uso de lentes de realidade virtual e realidade aumentada, tecnoloxías que están a revolucionar a maneira de aprender e traballar en sectores como a arquitectura, a enxeñería e o deseño.
Grazas a estas lentes o noso alumnado poderá experimentar dun modo inmersivo cos proxectos que modelan en aplicacións CAD e BIM. Así, poderán explorar os edificios que deseñan coma se estivesen dentro deles, visualizando cada detalle nunha contorna tridimensional antes da súa execución.
Esta tecnoloxía non só mellora a comprensión dos proxectos, senón que tamén fomenta a creatividade, a precisión e a capacidade de resolución de problemas, competencias clave para o seu futuro profesional.

