Na súa edición impresa do sábado 13 de xaneiro de 2024 o diario La Voz de Galicia facíase eco da presentación por parte do Conselleiro de Educación dun estudo sobre a inserción laboral en Formación Profesional.
Se a inserción dos estudantes de FP é elevada, no caso concreto da familia profesional de Edificación e Obra Civil supera a media e alcanza o 89,1%.
Unha estupenda noticia que reflicte que a formación impartida abre as portas do mercado laboral ao noso alumnado.

No Ciclo Superior Proxectos de Edificación aprenderás a debuxar con CAD, darás os teus primeiros pasos coa metodoloxía BIM, medirás terreos manexando aparellos topográficos, orzarás proxectos…
Esperámosche!