CS DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA

FAMILIA PROFESIONAL

Informática e comunicacións

 

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións
informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet,  extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

  • As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.

    Plan de estudos

    Primeiro curso

     Módulos
     Bases de datos
     Contornos de desenvolvemento
     Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información
     Programación
     Sistemas informáticos (* Impartido en sección bilingüe)
    Inglés profesional
    Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
    Itinerario persoal para a empregabilidade I

    Segundo curso

     Módulos
     Acceso a datos
     Desenvolvemento de interfaces
     Empresa e iniciativa emprendedora
     Programación de servizos e procesos
     Sistema de xestión empresarial
     Programación multimedia e dispositivos móbiles
     Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
     Formación en centros de traballo

    IDIOMA

    As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües