CS ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE

FAMILIA PROFESIONAL

Informática e comunicacións

 

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en Administración de sistemas informáticos en rede

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a en administración de sistemas.
  • Responsable de informática.
  • Técnico/a en servizos de internet.
  • Técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica.
  • Persoal de apoio e soporte técnico.
  • Técnico/a en teleasistencia.
  • Técnico/a en administración de base de datos.
  • Técnico/a de redes.
  • Supervisor/ora de sistemas.
  • Técnico/a en servizos de comunicacións.
  • Técnico/a en contornos web.

    Plan de estudos

    Primeiro curso

     Módulos
     Fundamentos de hardware
     Implantación de sistemas operativos
     Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información
     Planificación e administración de redes
     Xestión de bases de datos
    Itinerario persoal para a empregabilidade I
    Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
    Inglés profesional

    Segundo curso

     Módulos
     Administración de sistemas operativos
     Administración de sistemas xestores de bases de datos
     Empresa e iniciativa emprendedora
     Implantación de aplicacións web
     Seguridade e alta dispoñibilidade
     Servizos de rede e internet
     Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede
     Formación en centros de traballo

    IDIOMA

    As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües