Nas xornadas de hoxe xoves 2 e mañá venres 3 de novembro celébrase no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o III Encontro Galego de Ciberseguridade, que vai contar ao igual que no ano anterior, coa participación como relatores e en obradoiros técnicos, dos nosos compañeiros, profesores do Departamento de Informática, Rafael López García e Andrés Del Río Rodríguez.

En concreto, os nosos compañeiros intervirán na mañá do venres cos obradoiros “Automatización de ataques e emulación de adversarios con Mitre Caldera”, no caso de Ándres e “Adquisición de evidencias para análise forense”, no caso de Rafael. O primeiro desenvolverase entre as 10:00h e as 12:00h e o segundo entre as 12:30h e as 14:30h.
Toda a información sobre o encontro pódela atopar picando nesta ligazón. E tamén para inscribíreste.

