Visitando Ferrol

O alumnado do CS Guía, información e asistencia turísticas visitará o Arsenal de Ferrol e o Castelo de San Felipe. Será de proveito para a realización dunha práctica de guía.

Evento “PROXÉCTA-T”

Xornadas de orientación profesional e de emprendemento, no salón de actos do centro para alumnado de 2º cursos. Un grupo de ponentes darán información sobre saídas laborais, oposicións, universidade, carreira militar e outros. Consulta o programa na web do centro

Visita ao museo do videoxogo

O alumnado do 2º CM Sistemas mircorinformáticos visitará o museo do Videoxogo en Cangas, aproveitarán tamén  a viaxe para coñecer a zona.

Charla sobre a muller na Enxeñería

Charla sobre o papel da muller na exeñería para alumnado 1º do CS Admisnistración de Sistemas Informáticos e para  1º do CM  Sistemas Microinformáticos

Charla sobre a muller na Enxeñería

Charla sobre o papel da muller na exeñería para alumnado 1º do CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e para  1º do CS  Proxectos de Edificación

Bautismo de surf

O alumnado de 2º curso do CS Ensinanza e animación sociodeportiva achegarase ata a praia de Pantin para recibir unhas clases de surf.

FlashMob na Praza de Lugo (A Coruña)

O alumnado de 2º do CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva realizará unha actividade de expresión coporal mediante un FLASMOB para praza de Lugo (A Coruña)

III Xornadas “Un mar de oportunidades, mergúllate!”

O alumnado e profesorado do CS Guía, información e asistencia turísticas organiza as III Xornadas "Un mar de oportunidades, mergúllate!", asistirán ponentes relacionados co sector profesional, ao mesmo tempo a actividade será para o alumnado unha posta en práctica dos conñecementos adquiridos en materia de organización de eventos, protocolo.

Visita a Compostela

O alumnado do CS Guía, información e asistencia turísticas visitará Compostela, nesta xornada desfrutarán da cidade e porán en práctica os conceptos teóricos aprendidos