O Ciclo Superior de Proxectos de Edificación está a renovar o seu instrumental topográfico demostrando o compromiso do CIFP Rodolfo Ucha coa preparación dos seus estudantes para os desafíos do mundo laboral coas ferramentas necesarias para destacar nunha contorna cada vez máis competitiva e tecnoloxica.
Como complemento á devandita renovación o alumnado puido asistir a unha demostración de estacións totais e GPS de última xeración a cargo da topógrafa Silvia Orjales da empresa Global Geosystems (e antiga alumna do centro).
Puideron apreciar tanto a capacidade das estacións totais para medir ángulos e distancias con precisión milimétrica como a exactitude dos receptores GPS para determinar coordenadas a partir dos sinais satelitais.
Ademais de ser unha oportunidade para aprender sobre estes instrumentos topográficos, esta demostración serviu para expoñer un dos campos que se lles abre no mundo laboral.