Pepa Ayguavives – Sevven Musas – https://sevvenmusas.com/
▷ Callejero de Ferrol | Plano y mapa. Tráfico en directo
O venres 27 de xaneiro, as 10.40 o alumnado do ciclo medio de Actividades Comerciais, acompañados pola súa profesora, Patricia García, recibiron a visita de Pepa Ayguavives, creadora da marca e fundadora da tenda Sevven Musas, do ferrolán barrio da Magdalena. Pepa compartiu como foron os inicios da marca, moito antes de abrir a tenda, e tratou de facer ver que emprender non é tan arriscado como os alumnos adoitan a pensar. Pepa fai que pareza fácil, pero a clave do éxito é a perseveranza e o amor polo que se fai. Durante o encontro varios alumnos comentaron con Pepa as súas inquedanzas e experiencias emprendedoras, con produtos de venta ‘on line’, e recibiron varios consellos da experimentada e autodidacta empresaria.
Estas son algunhas fotos da actividade:






