O pasado 28 de febreiro de 2025 o diario “La Voz de Galicia” facíase eco do Ciclo de Grao Superior en Proxectos de Edificación da modalidade dual e intensiva que impartimos no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.
Con esta modalidade preténdese ofrecer unha formación práctica e adaptada ás necesidades do sector da construción. Grazas á colaboración con empresas como Quest, Abance, Prace, Ensamble, Prosema e Integralia, os estudantes alternarán a súa aprendizaxe entre a aula e a empresa, facilitando así a súa inserción laboral.
Este ciclo capacita ao alumnado para desempeñar roles versátiles como delineantes, maquetistas, técnicos de eficiencia enerxética ou asistentes en oficinas técnicas. Segundo Alfonso Jove, titor do curso, trátase dun perfil profesional moi demandado e con múltiples saídas laborais en estudos de arquitectura, enxeñerías e promotoras inmobiliarias.
Ademais, as empresas participantes valoran esta formación como unha oportunidade para captar talento novo e fomentar a substitución xeracional no sector. A iniciativa reforza a conexión entre a FP e o mercado laboral, garantindo que os estudantes adquiran competencias actualizadas e prácticas.
Podes ler a noticia na versión dixital de “La Voz de Galicia” picando AQUÍ.