Este terceiro trimestre dentro do noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta “Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño”, leváronse a cabo 4 actividades:
- Unha visita guiada ao cuartel de Dolores o día 20 de abril da man da historiadora Carmen Perales Garat, que realizou a súa explicación centrada na preservación e conservación do patrimonio.
- Deseño das enquisas de valoración das actividades realizadas no trimestre anterior coa ferramenta Google forms, realizando neste momento a análise dos resultados:
https://docs.google.com/forms/d/1B2YobvNH5yiUY2RcyEAemP2xPI5XCzdF0SK5E4HycPI/edit
- Elaboración dun póster sobre o noso proxecto como ferramenta de comunicación e divulgación.
- Creación dun mapa, xeolocalizando os diferentes recursos do noso Scape tour da I milla do Camiño.