Este segundo trimestre comezamos tomando decisións sobre o noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta “Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño”. Decidiuse analizar os coñecementos que o alumnado doutras familias profesionais do centro tiña sobre o Camiño inglés, facendo participes nun Kahoot a todos os grupos do centro. (Xaneiro – Febreiro).
Unha vez detectada a falta de coñecementos do patrimonio do noso camiño por parte do alumnado, decidiuse deseñar un “Scape tour” para dar a coñecer ao alumnado do centro e a outros, o patrimonio da Primeira Milla do Camiño.
Comezamos deseñando as paradas, as explicacións e as probas, utilizando para compartir esa información un encerado colaborativo Padlet primeira milla (febreiro)
Ao finalizar o trimestre leváronse a cabo as primeiras visitas guiadas do noso scape tour co alumnado do ciclo gañador dos Kahoots de coñecementos previos e con alumnado doutros centros da familia profesional de “Hostalaría e turismo” (10 e 21 de marzo).