CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN

FAMILIA PROFESIONAL

Edificación e obra civil

 

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en Proxectos de edificación

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración. A súa actividade está regulada.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

Delineante proxectista de edificación.
Delineante de edificación.
Delineante de instalacións
Maquetista de construción
Axudante de xefe/a de oficina técnica.
Axudante de planificador/ora.
Axudante de técnico/a de control de custos.
Técnico/a de control documental.
Especialista en implantacións.
Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios.
Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios.
Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos
 Deseño e construción de edificios
 Estruturas de construción
 Implantacións de construción
 Instalacións en edificación
 Representacións de construción
Itinerario persoal para a empregabilidade I
Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
Inglés profesional

Segundo curso

 Módulos
 Desenvolvemento de proxectos de edificación non residencial
Desenvolvemento de proxectos de edificación residencial
 Eficiencia enerxética en edificación
 Empresa e iniciativa emprendedora
 Medicións e valoracións de construción
 Planificación de construción
 Proxecto en edificación
 Formación en centros de traballo

 

IDIOMA

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües