Alomenos apareceu o posuidor dun dos números premiados !
Trátase de Eduardo Piñon García alumno pertencente ao Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais dual, que pasou polo despacho de secretaría/vicedirección a recoller o seu premio en forma de vale de 20€.
É unha pena que o outro número premiado non aparecese pois aínda que doar é un acto altruísta e desinteresado , gústanos que dalgún xeito se poida ver recompensado cun pequeno detalle de agradecemento.
Agardámosvos de novo cando a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue se achegue en vindeiras ocasións ao noso centro.
Mentres tanto, sempre nos podemos achegar nós aos puntos fixos de doazón ou alí onde se atope a unidade móbil, pois o sangue é un ben escaso e insubstituíble.
Parabéns para Eduardo e moitas grazas a todos e todas por doar.