Mañá martes 22 de febreiro de 2022 teremos de novo unha oportunidade máis de doar vida na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que ficará perante o noso cento de 9:30 horas a 14:30 horas e de 15:30 horas a 21:00 horas.
O sangue é un ben escaso e insubstituíble en moitos tratamentos e en moitas cirurxías polo que é tremendamente necesaria a nosa altruísta participación nas xornadas de doazón.
Tede en conta que se hai menos de dous meses que vos vacinaron contra a COVID -19 debedes consultar a posibilidade de poder doar ou non.
Lembrade que para doar non se pode facer xaxún e que se trata dun procedemento totalmente seguro.