O vindeiro xoves 4 de marzo de 2021 teremos unha nova oportunidade de doar vida na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que ficará perante o noso cento de 9:30 horas a 14:30 horas e de 15:30 horas a 21:00 horas.
Nestes tempos de pandemia faise máis necesaria, se cabe, a vosa altruísta participación. Tede en conta que inmersos no proceso de vacinación, moita xente está imposibilitada de doar até pasados dous meses tras a subministración da primeira dose.
Como xa vén sendo costume, queremos premiar a vosa xenerosidade sorteando entre o alumnado doador dous vales Amazon de 20€ .
Os que esteades interesados en participar deberedes devolver en dirección e no prazo de 24 horas, un dos resgardos do número que vos entregarán por duplicado no mesmo intre da doazón. Só eses números devoltos entrarán no sorteo. Ademais, deberedes estar atentos a esta páxina web , pois a través dela publicaranse, antes do venres 12, os dous números gañadores. Unha vez publicados disporedes de 15 días para recoller o vale.
Para evitar que os premios queden sen entregar, pregámosvos que só participedes se tedes interese no agasallo e que esteades atentos aos prazos propostos .
Lembrade que para doar non se pode facer xaxún e que se trata dun procedemento totalmente seguro.