Correspondentes xuvenís 3.0 comparte convosco a celebración do Día Europeo da Información Xuvenil neste día 17 de abril. Este ano por mor da crise sanitaria do COVID-19 non podemos celebralo de xeito presencial, pero si de maneira virtual.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social animouse aos correspondentes xuvenís a participar nesta celebración e na seguinte ligazón podes ver o que nos contaron nos vídeos que enviaron.
Tamén podes consultar dende aquí a Carta Europea de Información Xuvenil e o Facebook de Xuventude Galicia.