APLICACIÓN MÓBIL DE TURISMO
Aplicación móvil desenvolvida por estudantes e profesores dos departamentos de Turismo, Tecnoloxías da Información e Idiomas do C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro, en colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para dar a coñecer os recursos turísticos desta zona do noroeste de España.
Os municipios que integran a Mancomunidade son: Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño .
A aplicación permite crear rutas a partir de recursos turísticos sobre onde durmir, onde comer, que ver…
Tamén conta cun manual que se pode descargar no seguinte enlace.
Asemade, ditos recursos poden ser localizados de forma gráfica nun mapa.