Como é tradición no noso centro, antes de comezar as vacacións de Nadal e como colofón ao primeiro trimestre do curso, o alumnado da familia profesional de Comercio e Márketing decorou o vestíbulo con motivos propios da época pero sempre con espírito de innovación e bo gusto. Sérvelles de actividade complementaria á súa formación académica e inclúe a elaboración de escaparates de Nadal nos espazos de que dispoñen baixo as ramplas de acceso.
Este ano crearon ademais a árbore dos desexos onde colgaron un bo feixe das arelas que agardan que o novo ano lles permita cumprir.
Agradecémoslles o esforzo e traballo realizado para colaborar a que o centro se invista tamén da estética e o ambiente propio destas datas.
Velaí algunha das fotografías que amosan o traballo e o resultado obtido: