CS MÁRKETING E PUBLICIDADE

FAMILIA PROFESIONAL

Comercio e márketing

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en Márketing e publicidade

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

Os postos de traballo acordes co título son: Asistente do/a xefe/a de produto; técnico/a de márketing; técnico/a en publicidade; técnico/a en relacións públicas; organizador/a de eventos de márketing e comunicación; auxiliar de medios en empresas de publicidade; controlador/a de cursaxe ou emisión en medios de comunicación; técnico/a en estudos de mercado e opinión pública; técnico/a en traballos de campo; inspector/a de persoal enquisador; axente de enquisas e censos; codificador/a de datos para as investigacións de mercados

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos Horas
 MP0179. Inglés 160
 MP0623. Xestión económica e financeira da empresa 187
 MP0930. Políticas e márketing 187
 MP0931. Márketing dixital 187
 MP1014. Formación e orientación laboral 107
 MP1010. Investigación comercial 132

Segundo curso

 Módulos Horas
 MP1110. Atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias 87
 MP1007. Deseño e elaboración de material de comunicación 141
 MP1013. Formación en centros de traballo 384
 MP1109. Lanzamento de produtos e servizos 105
 MP1008. Medios e soportes de comunicación 87
 MP1012. Proxecto de márketing e publicidade 26
 MP1009. Relacións públicas e organización de eventos de márketing 105
 MP1011. Traballo de campo na investigación comercial 105

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras). No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües