CS DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB (DUAL INTENSIVA)

FAMILIA PROFESIONAL

Informática e comunicacións

 

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en Desenvolvemento de aplicacións web

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:

  • Programador/ora web.
  • Programador/ora multimedia.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.

      Plan de estudos

      Módulos profesionais a impartir no primeiro ano de convenio: 2024-2025

       Módulos
       Bases de datos
       Contornos de desenvolvemento
       Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información
       Programación
       Sistemas informáticos
      Formación e orientación laboral
      Lingua estranxeira profesional I

      IDIOMA

      As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües