Compartimos con vós as propostas de concursos e premios desta semana:
Crea na casa: convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través de Instagram, para todos os seguidores entre 16 e 30 anos de @Xuventudegalicia. Participa do 13 ao 22 de abril do 2020 enviando as fotografías que mostren a creatividade na casa tal e como se indican nas bases do concurso para poder gañar un teléfono Xiaomi Redmi Note 8T. As votacións para elixir ao gañador serán entre o 23 e o 28 de abril do 2020. Consulta máis información.
#30 diasencasa: o Instituto da Mocidade (Injuve) anima a toda a mocidade entre 18 e 30 anos a participar en tres modalidades: vídeo, microrrelato e ilustración, para contar a vosa experiencia durantes estes días de confinamento. Consulta as bases e anímate a participar ata o 26 de abril de 2020.
Canto sabes de cinema europeo?: Se che gusta o cinema e eres todo un experto participa neste concurso ata o 30 de abril de 2020. Poderás gañar o billete de ida e volta e dúas noites de aloxamento en Francia durante a celebración do Festival de Cinema de Cannes. Consulta máis información.
Enreguéifate 2020: é un certame de regueifas en vídeo convocado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo. Consulta as bases e participa ata o 29 de maio de 2020 enviando os vosos vídeos regueifando en galego e coa temática que prefiras, a través do formulario da súa web.
Concurso de vídeos, podcast e regueifas para a mocidade: convocado pola Asociación de Medios en Galego para toda a xuventude entre 12 e 30 anos. Podedes participar ata o 30 de setembro de 2020 en diferentes modalidades e presentando os vosos vídeos, podcast e regueifas en galego, cunha duración máxima de 4 minutos. Consulta as bases e os premios que podedes gañar.