Benvido á sección de Correspondentes Xuvenís 3.0 do CIFP Rodolfo Ucha deste curso.

Para quen non o coñeza, Correspondentes Xuvenís 3.0 é un programa educativo dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste na promoción e difusión de información de interese para o alumnado.

Deste xeito, intentaremos achegarvos todas as novidades que esperamos sexan do voso interese sobre bolsas, emprendemento, concursos de todo tipo (literarios, musicais, fotográficos…).

Poderedes consultar a información mediante esta canle, os taboleiros habilitados para tal fin no centro e as redes socias:

Este curso reseteamos e cambiamos a un logo deseñado pola nosa alumna voluntaria Silvia.

Para finalizar, comentarvos que tanto o profesorado e o alumnado voluntario estamos á vosa disposición.

Comezamos!!!


Aproveitamos esta entrada para comentarvos xa as novidades desta semana relacionadas con bolsas e concursos:


Bolsas

  • Axudas destinadas facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos (+info e solicitude)
  • Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego (+info e solicitude)

Premios e Concursos

  • Concursos “Adiccións: o teu punto de mira” Vídeo, TikTok e carteis Instagram (+info)
  • Olimpíada Informática Galega 2025 (+info)