Achégase o verán e o bo tempo. Que vos parecería unha viaxe ás Canarias?
Pero tamén pensamos nos preparativos do curso próximo. Empezaremos polas residencias.
Non nos esquecemos da vosa formación cunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional e de técnicas de escapismo no ámbito do tempo libre. E para o alumnado que finaliza ciclo en informática podedes botarlle un ollo á seguinte formación.
No que ao traballo respecta, presentámosvos unha serie de axudas e subvencións: para a contratación de xuventude por parte de entidades sen ánimo de lucro, para a creación de empresas relacionadas coa agricultura, axudas para a realización da formación práctica en empresas e, por último, subvencións para asociacións xuvenís.
Finalmente, traémosvos un par de concursos que se celebran pola contorna. O primeiro refírese á elaboración do cartel da festa do pan en Neda, e o segundo é un concurso de fotografía que ten lugar en Narón.