Está aberta a convocatoria de probas de acreditación de competencias lingüísticas en linguas estranxeiras para alumnado que curse estudos en centros públicos durante o curso 2023-2024.

Pódese acceder á Resolución que regula ditas probas premendo aquí.

De seguido indícanse os puntos máis salientables da convocatoria:

  • O obxectivo das probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 ou C1 descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
  • O alumnado poderá realizar as probas correspondentes ao nivel B1, B2 ou C1 axustándose ás titulacións recollidas no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de xullo de 2016).
  • As probas realizaranse durante o curso académico 2023/2024.
  • A organización e xestión das probas será competencia exclusiva do centro educativo, que seleccionará o alumnado candidato ás probas, o nivel da proba ao que se presentará e as institucións ou empresas certificadoras. As familias ou o alumnado non poderán decidir sobre as empresas certificadoras.
  • O alumnado poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, preferiblemente a que curse como primeira lingua estranxeira.
  • O alumnado candidato que resulte seleccionado deberá presentar por escrito un compromiso individual de aceptación para presentarse ás probas, asinado polo alumno/a ou familia.
  • A dotación económica outorgada a cada centro será de 100€ por alumno/a e proba. Esta dotación económica será destinada:
    • á realización das probas das destrezas orais e das destrezas escritas
    • á certificación correspondente conforme o MCERL (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas)

FORMA DE PRESENTAR SOLICITUDE

  • Aquel alumnado interesado pode recoller a solicitude de participación na conserxería do centro. Tamén se pode descargar premendo aquí.
  • Unha vez debidamente cuberta e asinada a citada solicitude, farase entrega da mesma na oficina do centro.
  • PRAZO MÁXIMO DE ENTREGA DA SOLICITUDE: 31 de outubro de 2023

En caso de ter algunha dúbida sobre esta convocatoria, pódese consultar no departamento de Dinamización de idiomas