Saímos na portada de La Voz de Galicia

Cristina Criado, antiga alumna do noso ciclo fala nesta reportaxe de La Voz de Galicia asinada por Beatriz Antón, sobre a súa experiencia no CS de Proxectos de Edificación.

Cristina conta neste artigo que sempre quixo facer Arquitectura, porque lle encantaba “debuxar, deseñar e proxectar” pero non puido ser e, despois de 17 anos traballando como operaria de produción na fábrica de Gamesa nas Somozas “…decidín volver a estudar e facer o ciclo de Proxectos de Edificación no Rodolfo Ucha».

Preguntada polo que significou a FP na súa vida, tal e como se dí na reportaxe, non o dubida nin un segundo: “Abre novas oportunidades laborais e permíteme traballar no sector que sempre me gustou”.

Noraboa pola túa decisión Cristina! Grazas por compartilo con todos nós e moita sorte!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2023/07/04/conseguir-trabajo-sonado-filo-40-siendo-abuela-mano-fp/0003_202307F4C3992.htm