Muller e traballo: Pan e rosas no século XXI.
Na mañá de onte ás 11:30h no salón de actos do centro, co gallo da conmemoración antonte do Día da Muller, dúas poñentes -María Celia Veiga e Margarida Corral dos sindicatos CCOO e CIG respectivamente- expuxeron ao alumnado a realidade social da situación da muller no momento actual.
O acto baseouse en comentar exemplos reais e moi ilustrativos do conseguido e do que queda por avanzar e chamou a atención do noso alumnado.


