O pasado xoves 12 de xaneiro, David Carbonero, de Anadat Technology impartiu unha charla por videoconferencia ao noso alumnado do curso de especialización de Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información, que levou por título “O directorio activo no punto de mira”.
Na devandita charla, David fixo un repaso por diversas características técnicas que hai que ter en conta á hora de asegurar un contorno de directorio activo de Windows e, posteriormente, realizou unha demostración práctica de dúas ferramentas da empresa Semperis que poden axudar a conseguir o obxectivo perseguido nese proceso.
Na mesma sesión, contamos tamén coa participación de Ionatan Ascher, de Semperis que, desde Tel Aviv (Israel), fixo unha pequena introdución da súa empresa e das liñas de traballo que están a desenvolver.
Desde o centro queremos agradecer aos dous a súa participación nesta xornada que, sen dúbida, resultou de gran proveito para o noso alumnado.