Queremos destacar o papel das mulleres nos ámbitos laborais, especialmente naqueles sectores onde están menos representadas. Por este motivo, convocamos un Concurso de fotografía para celebrar o Día Internacional da Muller e dirixido a todo o alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro matriculado no curso 2024-2025.
Información destacada do concurso:
- Temática: Reflexión sobre a presenza das mulleres no ámbito laboral e nos sectores masculinizados.
- Participación: Individual ou en grupos de ata 4 persoas.
- Entrega: As obras deberán enviarse en formato .jpg e cunha resolución que permita impresión en formato A3. Incluír unha breve descrición (máximo 50 palabras) que complemente a imaxe.
- Prazo límite: 26 de febreiro ás 23:59 horas. As obras deberán enviarse ao enderezo electrónico concursos@cifprodolfoucha.es.
- Premios:
- 1º premio: Tarxeta-regalo de 40 €.
- 2º premio: Tarxeta-regalo de 20 €.
- Resultados: Publicaranse o 7 de marzo.
Non perdas a ocasión de amosar o teu talento e apoiar unha causa tan importante! É unha oportunidade para expresar a túa creatividade e reflexionar sobre a igualdade de xénero.