No comezo deste terceiro trimestre e coma nas dúas ocasións anteriores, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios AJE Ferrolterra puxemos por terceira vez en marcha o Concurso Aje Minimarket. Nel, alumnado dos ciclos superiores de Guía, Información e Asistencia Turísticas, Administración e Finanzas, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e mais do ciclo medio de Actividades Comerciais recibirán formación moi práctica para crear e concursar cunha idea de negocio innovadora e sostible.

A primeira sesión foi onte martes 29 de marzo e da man do psicólogo Esteban López, o alumnado traballou unha dinámica de toma de decisións en equipo e cuestións tan importantes como a motivación e a autoestima.

A vindeira semana, o martes 5 de abril, traballarase a creatividade e as técnicas de innovación cunha sesión a cargo da responsable de Nenoos Narón.

Nos seguintes obradoiros, os alumnos, agrupados por equipos, recibirán formación para desenvolver a súa idea e realizar un pequeno plan de empresa, que para finalizar terán que aprender a defender e vender perante un xurado formado por expertos en emprendemento e membros da xunta directiva de AJE Ferrolterra.

Entre os premios aos que poden optar destaca o premio para a categoría de formación profesional dotado cun vale agasallo de 500 € que poderán gastar en calquera dos establecementos asociados a AJE Ferrolterra.

Esperamos que esta iniciativa lle resulte interesante ao noso alumnado como xa ocorreu na anterior edición no 2019, da que podedes ler unha pequena recensión con fotos na seguinte ligazón:

https://www.cifprodolfoucha.es/alta-participacion-del-alumnado-en-el-aje-minimarket-2019/