Para mellorar as competencias dixitais do noso centro, os docentes do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro fórmanse en “Usos dos sistemas dixitais”.
A semana pasada, o profesorado do C. S. Proxectos de Edificación asistiu a un curso sobre a aplicación da impresión 3D, unha tecnoloxía que está a transformar a forma en que se deseñan e constrúen os edificios, achegando innovación, eficiencia e sustentabilidade ao sector.



